ESTADOS DA AUGA

Con esta actividade todos os nosos nenos e nenas poderán coñecer os distintos estados da auga (líquido, sólido e gaseoso), e estamos segurxs de que moitos e moitas delxs nunca os viron todos. É por iso que na aula tentaremos facer unha serie de experimentos nas que convirtamos a auga aos distintos estados, e logo na aula TIC repasaremos o aprendido.

 

Estados da auga

 

Nesta actividade os nenos terán que relacionar a imaxe, que reflexa un dos estados da auga, coa palabra que lle corresponde. Así poderemos ver se estiveron atentos e se aprenderon algo novo.

Publicado en Actividades | Etiquetado , , , , , , , | Deixa un comentario

AFORCADO DE PRIMAVERA

A través desta actividade os nenos e nenas da nosa escola traballarán a lectura e a escritura dun xeito máis lúdico, recoñecendo os conceptos máis básicos da primavera. Con esta actividade irán vendo os erros que cometen e tamén os seus acertos, o que lles permitirá corrixilos para que deste xeito xurda un aprendizaxe máis significativo.

Aforcado de primavera

Publicado en Actividades | Etiquetado , , | Deixa un comentario

CONTO DE PRIMAVERA

Continuamos co noso blogue e presentamos un pequeno corto de debuxos onde aparece o noso amigo Caillou!

No vídeo móstrase como remata o inverno e da paso á primaveira, unha estación na que os días comezan a ser máis longos, na que os animais comezan a saír das súas madrigueiras ou tamén na que comezan a nacer miles de flores.

Esperamos que vos guste 🙂 

Publicado en Presentación | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

AFAYO

Hoxe, día 18 de abril do 2017 nace o noso blogue! AFAYO, neL están a traballar os profes Yolanda González, Estefanía González e Adrián Lamas.

AFAYO

Estes somos nós!

A través deste blogue imos traballar a primaveira.

Escollemos este tema porque nos parece unha forma adecuada de que os nenos e nenas aprendan dunha forma interactiva e lúdica nas aulas, provocando así unha aprendizaxe rápida e autónoma. Con esta temática buscaremos a maneira de crear novos valores, como o respeto pola natureza, ou de que o alumnado aprendan cousas novas, como o ciclo e os estados da auga, entre outras cousas.

Nós exerceremos un papel de acompañantes e/ou guías neste proceso de aprendizaxe, e trataremos de prestar toda a axuda que precisen. Así que, se tedes algunha dúbida non teñades vergoña e comentádenos máis abaixo 🙂

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE, PERO SOBRE TODO, QUE APRENDADES MOITO

  Flores de primaveirabutterfly-1792337_1920

 

Publicado en Presentación | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Ola mundo!

Te damos la bienvenida a Blogs Climántica. Este es tu primer artículo. Edítalo o bórralo… ¡y comienza a publicar!

Publicado en Sen categorizar | 1 Comentario