PLANTAMOS UNHA PLANTA

A todos nos parece fermoso ver os campos ou xardíns cheos de flores en primaveira, pero se queremos ter a nosa casa chea de bonitas flores e plantas podedes facelo seguindo os seguintes pasos da actividade que imos a realizar.

Debemos ter en conta que para plantar unha planta hai que mirar que sexa o terreo e temporada adecuada, xa que non calquera planta se da en todo tipo de terreo e clima.

O primeiro paso para poder plantar a nosa planta é afloxar a terra e cavar un burato no chan.

O segundo é asegurarnos de que no burato que hai no chan colle a nosa planta tanto ao ancho como ata o inicio do tallo onde comezan as follas.

O terceiro paso é agarrar a planta pola parte baixa do tallo e poñela ao ras do chan.

Agora que xa temos a nosa planta no chan procedemos a botarlle terra cubrindo deste modo a raíz.

Por penúltimo paso debemos compactar a terra de forma que non quede nin moi apretada nin moi solta.

Por último debemos regar a nosa planta e xa a temos lista. Agora queda coidala e regala para que nos dure.

En canto a actividade de Ardora, debemos organizar as 6 imaxes que aparecen, de forma que queden as imaxes colocadas seguindo os pasos correctos para plantar unha planta.

Foto3

Esta entrada foi publicada en Actividades e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta