O CICLO DA AUGA

A terceira actividade a desenvolver polos máis cativos é a do “Ciclo da auga”.

Aproveitando que a choiva é significativa na primaveira, a parte de tratar os contidos do noso proxecto sobre a primava, pretendemos tamén que os nenos e nenas adquiran certos valores e contidos transversais, e como non, dentro destes incluímos o respeto e o coidado do planeta.

A nosa terra tamén se lle chama “o planeta azul” ou “planeta da auga”. A esta auga que atopamos no noso planeta podemos dividila en dous grupos:

Auga salgada (mares e océanos) e auga doce (ríos, xeo, neve…).

Aparenta ser abundante, pero en realidade é un ben escaso. Pretendemos que tanto as familias como os nenos e nenas sexan conscientes do esencial que é a auga tanto para nós, como para o resto de seres vivos.

A través desta actividade, ensinaremoslle aos nenos que a auga está en continuo movemento polo medio ambiente en diferentes estados.

O primeiro movemento deste ciclo é a evaporación. Esta dase cando a calor do sol quenta a auga dos ríos, mares e  océanos ata tal punto que se evapora.

O segundo paso do ciclo da auga é a condensación. O vapor que crea o proceso de evaporación fai subir o aire , forma nubes e enfríase, formando deste xeito as gotas de auga.

Logo da condensación ven a precipitación, xa que cando as nubes están moi cheas de gotas de auga, estas caen en forma de choiva, neve ou granizo.

O quinto paso do ciclo da auga podemos chamalo de diversas formas: filtración, absorción ou transpiración. Neste ocorre que as prantas, a través das súas raíces, absorben a auga do chan, recorrendo as follas, o talo e novamente volve as follas para ser expulsada, inda que a veces volve ao chan polas raíces.

O último paso do ciclo é o transporte. A auga chega pola terra hacia os ríos e destos pasa ao mar para volver a evaporarse e realizar outra vez o ciclo.

Logo desta breve explicación sobre o ciclo da auga, faremos unha breve explicación sobre a actividade a realizar en Ardora.

Consiste en realizar correctamente o crebacabezas, colocando as pezas de forma que a  imaxe sobre o ciclo da auga esté ben organizada.

Foto6

Esta entrada foi publicada en Actividades e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta