LAVAR AS MANS

En primavera todos saímos ao parque a xogar, a camiñar ao monte, de excursión, etc, e sempre manexamos cousas do entorno natural ou obxectos que nos imos atopando pola rúa, por iso é moi importante lavar sempre as mans cando cheguemos á casa ou á clase, porque non sabemos a clase de suciedade que temos nelas. Pode resultar moi perigoso levar as mans á boca se non as lavamos ben, por iso, na aula lles imos ensinar aos nosos pequenos e pequenas a importancia de lavalas. 

Primeiro ensinarémoslles a prantar na horta, tanto leitugas, como tomates, ou outras verduras, e unha vez rematado irán de un en un lavando as mans e aprendendo os pasos que se deben seguir.

 

Na seguinte foto vemos como reforzaremos con Ardora as actividades que aprendemos en clase.

 

Lavar as mans

Esta entrada foi publicada en Actividades e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta