AFAYO

Hoxe, día 18 de abril do 2017 nace o noso blogue! AFAYO, neL están a traballar os profes Yolanda González, Estefanía González e Adrián Lamas.

AFAYO

Estes somos nós!

A través deste blogue imos traballar a primaveira.

Escollemos este tema porque nos parece unha forma adecuada de que os nenos e nenas aprendan dunha forma interactiva e lúdica nas aulas, provocando así unha aprendizaxe rápida e autónoma. Con esta temática buscaremos a maneira de crear novos valores, como o respeto pola natureza, ou de que o alumnado aprendan cousas novas, como o ciclo e os estados da auga, entre outras cousas.

Nós exerceremos un papel de acompañantes e/ou guías neste proceso de aprendizaxe, e trataremos de prestar toda a axuda que precisen. Así que, se tedes algunha dúbida non teñades vergoña e comentádenos máis abaixo 🙂

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE, PERO SOBRE TODO, QUE APRENDADES MOITO

  Flores de primaveirabutterfly-1792337_1920

 

Esta entrada foi publicada en Presentación e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.