Esperamos que vos gustara e vos fora útil o noso proxecto sobre a primaveira. Por outra parte, gustaríanos que deixásedes os vosos comentarios e suxerencias para poder saber a vosa opinión, mellorar e coñecer os vosos gustos para os seguintes post que publiquemos.

Un saúdo, Afayo.

 

Publicado en Agradecemento | Etiquetado | Deixa un comentario

SOPA DE LETRAS

Como última actividade de reforzo realizamos unha sopa de letras na cal saen palabras xa traballadas nas actividades anteriores, como son: flor, sol, abella, choiva, bolboreta e primavera.

Para realizar esta actividade os nenos deben visualizar as palabras na sopa de letras e seleccionar a palabra clickando dende o inicio da palabra ata a última letra da mesma. Para aumentar a dificultade desta actividade, non se visualizan as palabras no lado dereito, senón que saen as definicións das palabras. Polo tanto, antes de buscar a palabra, deben adiviñar cal é segundo as definicións.

sopa de letras

file:///C:/Ardora/Guardadas/SopaDeLetras/SopaDeLetras.htm

Publicado en Actividades | Etiquetado , , | Deixa un comentario

PLANTAMOS UNHA PLANTA

A todos nos parece fermoso ver os campos ou xardíns cheos de flores en primaveira, pero se queremos ter a nosa casa chea de bonitas flores e plantas podedes facelo seguindo os seguintes pasos da actividade que imos a realizar.

Debemos ter en conta que para plantar unha planta hai que mirar que sexa o terreo e temporada adecuada, xa que non calquera planta se da en todo tipo de terreo e clima.

O primeiro paso para poder plantar a nosa planta é afloxar a terra e cavar un burato no chan.

O segundo é asegurarnos de que no burato que hai no chan colle a nosa planta tanto ao ancho como ata o inicio do tallo onde comezan as follas.

O terceiro paso é agarrar a planta pola parte baixa do tallo e poñela ao ras do chan.

Agora que xa temos a nosa planta no chan procedemos a botarlle terra cubrindo deste modo a raíz.

Por penúltimo paso debemos compactar a terra de forma que non quede nin moi apretada nin moi solta.

Por último debemos regar a nosa planta e xa a temos lista. Agora queda coidala e regala para que nos dure.

En canto a actividade de Ardora, debemos organizar as 6 imaxes que aparecen, de forma que queden as imaxes colocadas seguindo os pasos correctos para plantar unha planta.

Foto3

Publicado en Actividades | Etiquetado , , , , , | Deixa un comentario

QUE PARTE DO CORPO EMPREGAMOS PARA PLANTAR?

Como xa dixemos, na escola imos saír á horta a plantar vexetais, árbores froiteiras, etc, polo que nesta actividade imos aprender que partes do noso corpo imos usar para iso. Isto serviranos para aprender o esquema corporal.

Na aula TIC realizaremos unha actividade na que, gracias a un boneco, iremos seleccionando as partes do corpo que usamos para plantar, entre outras. Esta actividade serviranos para reforzar aquilo que aprendemos en clase.

 

Partes do corpo

Publicado en Actividades | Etiquetado , , , , , , | Deixa un comentario

MEMORY

Para adquirir novos conceptos relacionados coa primavera creamos un memory.

Neste os nenos deberán clickar en dous dos 10 cadrados que saen na actividade da Ardora, acertando a imaxe co seu nome correspondente.

Como conceptos tratamos dous animais típicos da primaveira (abella e bolboreta), as flores, o sol e o arco da vella.

foto 9

Publicado en Actividades | Etiquetado , , | Deixa un comentario

HIMENÓPTEROS

Durante a etapa da primavera probablemete estemos acostumados a ver a diversos himenópteros rondando as flores, levando comida as súas casas, transportando polen…

Nesta actividade centrámonos máis en diferenciar as abellas, avispas, avispóns e abellóns, xa que aínda que pertenzan a mesma familia, son animais con diferentes características.

Estos pequenos insectos soen alimentarse de néctar, xugo e polen.

Durante a primavera reunen o polen das flores levándoo as súas colmeas para crear a rica mel e cera.

Para a realización desta actividade en Ardora, os nenos deberán emparellar a imaxe que lle sae a dereita co seu nome correcto. Para iso deben clickar nos triángulos que saen arriba ou abaixo das imaxes para escoller o nome e a imaxe adecuados.

Foto2

Publicado en Actividades | Etiquetado , , | Deixa un comentario

ÁRBORES E FROITOS

A quen non lle gustan as froitas desta época? Fresas, cereixas, ameixas, mazás,  … TODAS ESTÁN BOÍSIMAS!

Pero cremos que moitos nenos/as, papás e mamás (e incluso algún profesor) non saben de que árbores saen, por iso pensamos no deseño desta actividade, que nos permitirá recoñecer algunhas das árbores desta época.

 

Nesta actividade de Ardora teremos que ir buscando as árbores e relacionalas cos seus respectivos froitos (que xa os teremos consultado en clase previamente). 

Árbores e froitos

Publicado en Actividades | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

CLASIFICAMOS OS ANIMAIS

Na primavera os animais saen das súas madrigueiras, comezan a nacer cachorros, os insectos comezan a revolotear e os paxaros volver da terra á que migraran. 

Moitos dos nosos nenos e nenas non tiveron a oportunidade de coñecer todas as especies que existen, polo que nós llas imos presentar nunha actividade TIC. Tamén poderemos ver vídeos documentais sobre eles, pintar debuxos, cantar cancións divertidas, visitar unha granxa ou un zoo, ou facer outras actividades co fin de reforzar o que imos aprender.

Clasificamos os animais

Publicado en Actividades | Etiquetado , , , , , , | Deixa un comentario

O CICLO DA AUGA

A terceira actividade a desenvolver polos máis cativos é a do “Ciclo da auga”.

Aproveitando que a choiva é significativa na primaveira, a parte de tratar os contidos do noso proxecto sobre a primava, pretendemos tamén que os nenos e nenas adquiran certos valores e contidos transversais, e como non, dentro destes incluímos o respeto e o coidado do planeta.

A nosa terra tamén se lle chama “o planeta azul” ou “planeta da auga”. A esta auga que atopamos no noso planeta podemos dividila en dous grupos:

Auga salgada (mares e océanos) e auga doce (ríos, xeo, neve…).

Aparenta ser abundante, pero en realidade é un ben escaso. Pretendemos que tanto as familias como os nenos e nenas sexan conscientes do esencial que é a auga tanto para nós, como para o resto de seres vivos.

A través desta actividade, ensinaremoslle aos nenos que a auga está en continuo movemento polo medio ambiente en diferentes estados.

O primeiro movemento deste ciclo é a evaporación. Esta dase cando a calor do sol quenta a auga dos ríos, mares e  océanos ata tal punto que se evapora.

O segundo paso do ciclo da auga é a condensación. O vapor que crea o proceso de evaporación fai subir o aire , forma nubes e enfríase, formando deste xeito as gotas de auga.

Logo da condensación ven a precipitación, xa que cando as nubes están moi cheas de gotas de auga, estas caen en forma de choiva, neve ou granizo.

O quinto paso do ciclo da auga podemos chamalo de diversas formas: filtración, absorción ou transpiración. Neste ocorre que as prantas, a través das súas raíces, absorben a auga do chan, recorrendo as follas, o talo e novamente volve as follas para ser expulsada, inda que a veces volve ao chan polas raíces.

O último paso do ciclo é o transporte. A auga chega pola terra hacia os ríos e destos pasa ao mar para volver a evaporarse e realizar outra vez o ciclo.

Logo desta breve explicación sobre o ciclo da auga, faremos unha breve explicación sobre a actividade a realizar en Ardora.

Consiste en realizar correctamente o crebacabezas, colocando as pezas de forma que a  imaxe sobre o ciclo da auga esté ben organizada.

Foto6

Publicado en Actividades | Etiquetado , , , , , , | Deixa un comentario

LAVAR AS MANS

En primavera todos saímos ao parque a xogar, a camiñar ao monte, de excursión, etc, e sempre manexamos cousas do entorno natural ou obxectos que nos imos atopando pola rúa, por iso é moi importante lavar sempre as mans cando cheguemos á casa ou á clase, porque non sabemos a clase de suciedade que temos nelas. Pode resultar moi perigoso levar as mans á boca se non as lavamos ben, por iso, na aula lles imos ensinar aos nosos pequenos e pequenas a importancia de lavalas. 

Primeiro ensinarémoslles a prantar na horta, tanto leitugas, como tomates, ou outras verduras, e unha vez rematado irán de un en un lavando as mans e aprendendo os pasos que se deben seguir.

 

Na seguinte foto vemos como reforzaremos con Ardora as actividades que aprendemos en clase.

 

Lavar as mans

Publicado en Actividades | Etiquetado , , | Deixa un comentario